Hai que facer ben
as referencias e citar correctamente as
fontes xa que isto , é o imprescindible
para facer unha boa investigación xornalística. Debemos de profundizar, perder
tempo na búsqueda ata que cheguemos ás fontes orixinais.
Un texto mal
referenciado carece de toda fiabilidade que poida ter. Isto lle sucede ós blogs
anónimos, as páxinas sin identificar a autoria etc.
O día 22 de
Novembro , comentamos na clase un blog no que o que observábamos á primeira
vista era unha imaxe dun libro acompañada dun texto , pero este non é o autor real dese texto.
O autor do libro si
que é Poper pero do texto non , alguén escribiu a introducción e esa cita pero
non foi Popper.
Na parte superior
temos un debuxo que nos leva á portada xa
sabemos onde estamos . Esa páxina non está moi ben feita porque deberá
ter o nome da páxina para non ter que recorrer á cabeceira.
Na seguinte páxina
, logo de facer clic no ¨debuxo –enlace¨, accedemos á que sí conten o autor
real pero é imprescindible investigar quen é .
Xeralmente ,
debemos buscar o autor salvo que sea anónimo , debemos perder certo tempo para
consegulo .
O documentalista
pode buscar no código fonte das etiquetas –meta. Sabemos que é un perigo utilizar algo de alguén que non
se identifica.
Na miña opinión ,
hai xente que realiza documentos ou aporta datos moi interesantes e que non
están recoñecidos , por iso prescindimos deles. Non debera ser así pero a xente
anónima na nosa sociedade carece de importancia , esta é a realidade.
Un traballo esixe
investigar , fronte a calquera dúbida que nos poida surxir , debemos buscar
algo que nos serva de axuda.
Todo documentarista
ten que saber distinguir entre unha fonte do que é propio da dotación persoal ,
da outra maneira non sería un bo investigador.
No caso do blog que
observamos , utiliza unha cita ¨la evolución del positivismo¨, pero debemos
facer referencia a páxina , non so a URL.
En resumo , por moi
boa que sexa a páxina e os datos que esta aporta se está mal referenciada ou
mal citada , todo o traballo se volvería inútil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario