As fontes de información
Unha fonte de
información é un documento, unha empresa, unha institución que aporta unha
resposta a unha pregunta formulada por un usuario. Aqueles datos que permiten
resolver as dúbidas aos xornalistas investigadores, profesionais, etcétera,
dunha maneira sinxela e rápida, pero ao mesmo tempo, afondando no seu contido.
Outra definición
de fonte sería : “Las fuentes de información aparecen en la cadena al inicio y
final, en búsqueda y localización, y en acceso y distribución, pues son
instrumentos que permiten conocer materiales necesarios para engrosar el fondo
bibliográfico o para cubrir la demanda de información de un usuario” (Carrizo
Sainero, 1994, 26).
Tamén podemos
definir a fonte de información como un folleto, unha lámina, un disco, un
informe inédito, un artigo, unha monografía, un especialista que pode
contestar, unha páxina web ou unha institución.
Calquera documento que contén, subministra ou transfire información.
É un documento
ou institución que proporciona respostas selectivas, fiables, pertinentes,
exhaustivas e oportunas ás preguntas ou demandas dun usuario (Fuentes i Pujol,
1992, 35).
As fontes de
información teñen unas funcións específicas que son: Verificar, proporcionar antecedentes
e aportar contexto.
Dado que non
se pode adoptar un único criterio de clasificación, o noso modelo para
clasificar e describir as fuentes de información partirá do modelo máis clásico
e frecuentemente utilizado polos diferentes autores: o grao de información.
Este criterio é un dos máis utilizados entre os usuarios e as unidades da
información, xa que clasifica as fuentes segundo o grao de elaboración ou o nivel de información que proporcionan en fontes
de información primarias, obras de referencia, fontes de información
secundarias e fontes de información terciarias o secundarias refundidas e obras
de referencia.
As fontes primarias: podemos definila como aquelas fontes que son novas e
orixinais , que non foi resumida ou interpretada. Debemos saber que “Monografías
y manuales pueden ser primarias si son originales y podrían ser secundarias si
procede de recopilaciones o refundición de conocimientos procedentes de otras
fuentes. Hay disparidad de criterios entre los autores” (Carrizo Sainero, 1994, 33-34).
Fontes secundarias : debemos facer referencia a elas cando non se pode
utilizar una fonte primaria por alguna razón, cando os recursos son limitados e
cando a fonte é confiable. Utilizámola para ampliar o contenido da información
dunha fonte primaria.
Atendendo ó
soporte, as fontes de información divídense en: Impresas, audiovisuais, mecanizadas.
Otra clasificación
é atendendo á facilidade de acceso ao contido, as fontes son:
1. De
información inmediata, puntual ou precisa.
2.De
información mediata ou diferida.
3. De información largamente diferida.
Por último hai
que ter en conta a posibilidade de acceso ás propias fontes, fálase de fontes:Publicadas,
editadas e circuítos de comercialización.
Inéditas non
publicadas. Literatura gris. Non aparecen nas canles de comercialización
habitual
- Reservadas, acceso restrinxido. Informes
oficiais o de carácter persoal de determinados personaxes. Condicionas al paso
de un tempo determinado
Existen moitas
clasificacións das fontes , e por suposto , non podemos deixar de lado a
distinción entre fonte obxectiva e fonte subxectiva.Xunto o factor de
fiabilidade e obxectividade.
Clasificar as
fontes de información é unha tarea ardua e difícil, xa que non existen uns
criterios unificados, senon que
múltiples combinaciónes posibles. Optamos por clasificar as fOntes de
información tendo en conta a seguinte tipoloxía: procedencia da información,grao
da información que proporcionan,canal de difusión,cobertura,actualización,información
que presentan, información á que remiten.
Todo xornalista
debe saber que..
Hai que
contrastar as fontes. Non podemos quedarnos cunha única fonte. Hai que avaliar
cada fonte que se utilice.
Fundación
Gabriel Piedrahita Uribe. (2007). Competencia para Manejar
Información-CMI.
Recuperado 18 de enero de 2008, de
Gallego
Lorenzo, Josefa; Juncà Campdepadrós, Manela. “Fuentes de información I.
Materiales” [en liña]. Universitar Oberta de Catalunya (UOC), 2009.
[Consulta: 6 decembro 2012]
Gallego Lorenzo, Josefa; Juncà Campdepadrós, Manela. “Fuentes de información I. Materiales” [en liña]. Universitar Oberta de Catalunya (UOC), 2009.<http://materials.cv.uoc.edu/continguts/PID_00143755/index.html
> [Consulta: 6 decembro 2012]
No hay comentarios:
Publicar un comentario