domingo, 9 de diciembre de 2012

Post-visita CRTVG


POST-visita CRTVG

Nunha entrada anterior , comentei todo o que tiña que ver co centro de funcionamento da CRTVG, asi que agora toca facer referencia ó que alí vimos , tras realizar a visita.

Parécelles que é unha labor doada facer que vexasmos a televisión nas nosas casa?

Para respostar a esta pregunta temos que facer un salto no tempo. Antes de visistar o centro de documentación , tanto eu , como a maioría das persoas diríamos que é unha labor doada,pero non é así.

Sentarse no sofá , observar a televisión e cambiar co mando é o que todos os días facemos ,pero nunca nos preguntamos sobre o laborioso traballo que é preciso para que a imaxe chegue ás nosas pantallas.

Como ben dixen , hai un antes e un despois de visita-la CRTVG, polo tanto , agora falaremos da¨post-visita¨. O centro de documentación da CRTVG está cheo de estantes con rodas que se moven polos pasillos. Eses estantes están á súa vez, cheos de cintas , nas que se recopila todos e cada uns dos momentos que teñen que ver coa nosa historia, aquéles a onde chegou unha cámara da televisión de Galicia. Tamén poidemos ver a masiva recopilación de cintas de informativos e documentais dende os anos oitenta ,a evolución dos formatos destas co paso dos anos.

Outro  factor que despertou a miña atención foi  o grande atraso existente tocante ao visionado dos vídeos, xa que se siguen utilizando cintas e non DVD, así como as explicacións dadas do traballo diario dos documentalistas. Pero nin o propio xornalista sabe o difícil e complexa que é a tarefa dun documentarista, xa que está por detrás das cámaras , e de non ser pola visita, nunca coñeceríamos a súa bonita pero difícil labor para que a imaxe chegue ata os nosos televisores.

Por último , señalar que no centro de documentación da CRTVG , están recollidos todos os momentos ¨históricos¨relacionados con Galicia e que están a nosa disposición.

Foi unha visita productiva, interesante e sobretodo , moi ilustrativa. Creo que sería interesante que este tipo de visitas , se ampliaran tamén ó ámbito da ensinanza obligatoria , xa que temos un termo bastante oposto dos editores e de cómo a imáxe chega a nós.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario