domingo, 21 de octubre de 2012

Investigación sobre documentación informativa






A DOCUMENTACIÓN INFORMATIVA



Antes de falar da documentación informativa , debemos coñecer os distintos conceptos que a conforman :



Documentación. (Del lat. documentatĭo, -ōnis).

1. f. Acción e efecto de documentar.

2. f. Documento ou conxunto de documentos, preferentemente de carácter oficial, que serven para a identificación persoal ou para documentar ou acreditar algo.



Documentar.(Del lat. documentāre).

1. tr. Probar, xustificar a verdade de algo con documentos.

2. tr. Instruir o informar a alguen acerca das noticias e proebas que atañen a un asunto.

A documentación é o proceso de reunir documentos sobre temas determinados. O tratamento continuado e sistemático destes documentos e da información conteñen , para a súa difusión precisa , exhaustiva e inmediata mediante técnicas documentales de selección , identificación , análisis , almacenamento , búsqueda e difusión; é dicir , as que forman a chamada Cadea ou sistema documental.

A través da documentación informativa podemos chegar ós coñecementos necesarios para acceder á documentación tanto impresa , como sonora e mesmo , audiovisual. Ademáis , permítenos dalguna maneira , localizar na rede abundante información que pode chegar a ser moi útil e distinguir as diferentes tipoloxías de documentación informativa.

Coa documentación non so se pretende instruír ou informar , senón que tamén facilitar a tarea dos demáis ou dosificar o esforzo , ou ámbas á vez. Pódese dicir que é un esforzó de aproximar o observador á realidade das cousas , de proporcionarle diferentes puntos de vista e de ofrecerle un sistema de cooperación científica.

Outra definición que podemos dar de Documentación informativa é “aquella parte de la Documentación que tiene por objeto el estudio del proceso de transmisión de fuentes para la obtención de nuevos conocimientos en la investigación de la comunicación social, y en el trabajo en el seno de la empresa informativa¨ que é como a definía o catedrático J.L López Yepes no 1981.

Todos somos conscientes que na actualidade , e fruto das rápidas transformacións sociales e do progreso tecnolóxico das sociedades avanzadas , encontramonos inmersos no coñecido como ¨era da información ¨, con cambios significativos con respecto ós clásicos medios de comunicación. Temos demasiada información, hai que saber seleccionala e discernir entre millóns de documentos cales son as útiles e cales non , cales son válidos ou gozan de falta de credibilidade…

Para iso , a Documentación informativa convértese nunha materia básica para os futuros comunicadores , unha ferramenta necesaria para a súa formación , e para a súa profesión .

Ó falar de documentación , cabe situala nun breve contexto histórico para ver a súa cronoloxía e algo sobre os seus fundadores. Foi no 1895 cando os belgas Paul Otlet y Henri La Fontaine lograron cos seus traballos que a “Documentación” tuvese o estatuto de disciplina científica autónoma. A obsesión de ámbos era a organización lóxica e racional das ideas e dos principios científicos , é dicir ; das clasificacións e da orde. Para isto , levaron a cabo traballos de síntesis e de clasificación cos seus propios papeis , aplicando novos sistemas. Para así , conseguir unha organización lóxica e racional de todos os materiales , documentos e información ó seu alcance.

O termo para designar a recollida , tratamento, archivo, búsqueda e difusión de documentos apareceu no 1905 .

Coa chegada da II Guerra Mundial xerouse unha gran necesidade de información e documentación. O que supuxo que a partir de los años 60 se definiría como: colección, documentación, clasificación, selección, diseminación e utilización da información.

Para remantar este percorrido histórico, debemos falar dos cambios producidos polo uso da informática, das telecomunicacións e de todos os avances tecnolóxicos, aplicados ó ámbito da Documentación , que xeraron novos conceptos e termos. Na década dos 70, debido ó crecemento da tecnoloxía aplicada, ós ordenadores dos 60 entre outros , permítese o acceso público ás bases de datos( TELENET). Na década dos 80 , xa empezan a proliferar os ordenadores personais , é dicir; a informática masifícase e aparecen os discos ópticos , CD-ROM, que se desenvolven nos 90 , xunto coa multimedia e a grandes redes mundiales de comunicación .

Tras este inciso contextualizador, continuamos a falar da documentación e das súas finalidades entre as que podemos encontrar dúas : a recuperación da información buscada e a difusión desta información ós usuarios que estean interesados nela . As técnicas documentales pretenden organizar o caos e o desorden documental . O enorme volumen de información a miúdo bloquea as tarefas do investigador , e polo tanto , é necesario que haxa actuacións que traten e organicen a información . A localización e difusión desta información , é o obxectivo último da documentación . O investigado ten que coñecer o seu propio campo de investigación , e os principios básicos de documentación . Por iso , podemos afirmar que :

A documentación é un dos obxectos da información , é a información da información , cuxa finalidade é dar noticia dos documentos que conteñen noticias , opinións e ideas. A base da Documentación son os documentos e os datos e información que conteñen , a documentación que non sea Información constitúe unha contradición de conceptos.

Os documentaristas deben coñecer a Documentación e a aplicación de técnicas documentales. Polo tanto , non son sólo os estudiosos , científicos e intelectuales , senón tamén os profesionais da información ( periodistas, publicitarios…) teñen que saber a que tipo de documentos teñen acceso , cómo poden usar a documentación e que tipo de axuda poden recibir dos profesionais da documentación .

Unha boa documentación é a base imprescindible para que a tarea informativa , levada a cabo polos profesionais da información , poida levarse a cabo da mellor maneira posible.

Os medios de comunicación de masas son instrumentos básicos de difusión . A súa misión é informar de forma veraz e obxectiva a un público variado e amplio. Permiten situar e analizar no seu contexto os feitos recentes da historia actual e concretamente do siglo XX, porque a prensa , radio e tv recollen , comentan e analizan os distintos aspectos da vida dende distintos puntos de vista.

Os medios de comunicación son fontes de información e interesanse por tods as actividades humanas e tratan todos os dominios do saber. Deben conseguir información de actualidade para que os profesionais da información ( periodistas) as fagan chegar os seus lectores. O periodista que é o principal usuario dos servicios de documentación dos medios de comunicación , necesita información para responder a algunhas preguntas ou para coñecer diversos temas en profundidade. Para un profesional da información , o uso da documetación , dos dosieres, dos archivos de prensa , é incuestionable . Hai que ter en conta que unha boa documentación é a base imprescindible para que a tarea informativa adquira un bo nivel . Polo tanto , é importante e conveniente expoñer as necesidades e a problemática da comunicación periodística .

Existen tres función ou finalidades principais dos servicios de documentación dos medios de comunicación que son o de proporcionar fontes concretas para poder comprobar rápidamente un feito ou un dato ; ter materiais suficientes para situar os distintos temas no seu contexto ; actuar como fontes de inspiración , xa sexan para novas ideas ou novos enfoques sobre temas xa coñecidos. Estas función responden ou axustanse as peticións concretas dos usuarios principais destes servicios , os xornalistas,que son fundamentalmente datos concretos sobre un tema , ou para a súa verificación .Tamén pode ser a visión xeral dun tema , información complemnraria para ampliar ou crear temas.

Os seus obxectivos primordiais dos servizos de documentación dos medios de comunicación son : asegurar a memoria dos acontecementos, transmitir coñecementos; comprobar e verificar a información; prospectiva( os servicios da documentación dos medios teñen que cumplir a función de recopilación e almacenamento de toda a información dispersa generada polo propio medio) .A continuación , dispoñome a falar das características específicas nos distintos medios de comunicación.empezamos pola prensa cuxas características coinciden coas de carácter xeral . Isto é debido a que todos os medios de comunicación de masas nútrense básicamente da propia prensa. Todos os servizos de documentación xornalística teñen a necesidade de disponer de información xornalística fiable, actualizada e de rápido acceso. Isto proporciónao a prensa.

Mención aparte merecen as axencias de prensa , posto que desempeñan unha función de alerta e de cobertura xeneralizada , informando prácticamente de forma inmediata , a partir de redes internacionales de corresponsables e dos seus despachos, que serven o xornalista como breves para despois construir a noticia e información.

As axencias de prensa son importantes axencias de información , porque debido á brevidade das súas noticias e a súa amplia cobertura , a súa información, organízase en base de datos podendo accederse a ela rápidamente. Forman a base principal de información dos periodistas e por eso son chamadas : os diarios dos diarios.

A documentación no ámbito da radio e da televisión cumplen os mesmos obxectivos e as mesmas función que os dos medios escritos : constituír o propio archivo , asegurar a conversación e o tratamento documental da produción do medio e proporcionar a información documental necesaria , sexa cal sexa o soporte para enriquecer o producto documental.

Conservar e tratar a propia produción implica constituir un archivo osnoro para a radio ( fonoteca) e un archivo de imáxes para a televisión ( videoteca e filmoteca) que asegure a conversación das emisións e a súa recuperación para volvelas emitir, para utilizar fragmentos en novas producións ou para consultarse como fontes de información , con unha boa xestión documental , adecuada a este tipo de documentos.

No tocante ós gabinetes de comunicación podemos dicir que son os que proporcionan información ós medios de comunicación convencionales e , polo tanto , funcionan como axencias de prensa ou de información . Por iso é imprescindible que posean tamén un bon servizo de documentación , ligado totalmente ás súas necesidades , para que os periodistas que traballen nestes gabinetes poidan levar a cabo o seu traballo da mellor forma posible e porque ó xerar tamèn fontes de información , éstas poidan chegar a ser utilizadas por outros usuarios interesados.

En termos xerais , os servicios de documentación dos medios de comunicación de masas, van disponer dos elementos necesarios para poder satisfacer as necesidades dos usuarios( periodistas do propio medio). Tamén teñen que ter en conta as necesidades do resto dos usuarios que se analizaron o falar das características específicas da documentación informativa. Os periodistas son os encargados de proporcionar a información ó lector , teñen que recoller información e transmitila da forma máis obxectiva posible e ésta debe ser fiable, son receptores e difusores de información . O periodista non solo filtra , elixe e valora senón que documenta ese feito de interés xeral , pero que elimina a posible opacidade do acontecemento e a solventar os vacios da noticia.

Polo tanto , os periodistas necesitan facer un bo uso do servicios de documentación para consultar datos que lles permitan elaborar correctamente a información , xa sexa noticia , reportaxe..

Tendo en conta todo o dito , os servicios de documentación xornalistica deben cumprir tres premisas principales : rapidez, credibilidade , eficacia .



CADENA DE TRATAMENTO DA INFORMACIÓN DENDE O PUNTO DE VISTA DO PERIODISTA E DO DOCUMENTARISTA :



DOCUMENTALISTA                PERIODISTA

Para finalizar esta investigación sobre a documentación , non podemos deixar de lado o ciberxornalismo e a súa influencia na documentación , xa que os servicios de comunicación intentando imitar o modelo que seguiron os medios de comunicación ante a chegada de Internet que os levou a estar na a rede para non quedar fora do ¨mundo civilizado ¨. Os servicios de documentación están actualmente descubrindo infinidade de modos e formas da web2.0., no sabemos o porqué,o que sí que sabemos é que non se poden quedar atrás. .Son numerosos os medios que descubriron cómo a moitos dos seus usuarios lles chega información a través das distintas redes sociales.A Documentación tamén está emprgeando os instrumentos da web social para acercar e facer visibles os seus contidos a públicos, en xeral, poco refractarios ás mensaxes documentais.

Resulta importante que os medios salgan ó encontro dos usuarios, movéndose polos entornos onde están éstes , ben sexan as redes sociais ou os móviles. A rutina de compartir, de valorar, de crear, que siguen os usuarios nestos ecosistemas 2.0 teñen que incorporarse de forma natural.A mayoría das veces o documentalista é o artífice de productos informativo-documentales, das cales é o autor. Ademais do seu fundamento documental e as súas destrezas tecnolóxicas, o documentalista dixital tamén mostra un perfil periodístico reflexado na elaboración deste tipo de pezas que lle dan un novo valor á información á cal acompañan cando se trata de enquisas e noticias de última hora.A firma de estas aportacións permítenos asociar un selo ou unha marca de identidade , que engade calidade as documentacións. Así , a firma confire un valor de ¨confianza¨. As pezas biográficas, xeográficas ou temáticas teñen un gran valor sempre que estean actualizadas , polo tanto , a revisión da actualización das imáxes e da vixencia dos datos é unha tarea documental clásica que se reactiva no periodismo dixital, por tanto está suxeito a uns tempos caracterizados pola inmediatez.

1 comentario:

  1. O texto non se axusta ao guión que ía servirnos de orientación. O texto non está dividido en lexibles apartados. Non están recollidas as fontes que se usaron na investigación. A mención de fontes no texto como Otlet e López Yepes non están feitas correctamente. Tampouco hai mapa conceptual dos contidos/ideas do traballo.
    Non sei ben como interpretar o mapa que inclúe sobre xornalista e documentalista, ten dificultades para visualizalo.

    ResponderEliminar