martes, 9 de octubre de 2012

O 25 S




O 25 S , supuxo unha movilización cidadá ó redor do Congreso dos Diputados e pretendían permanecer alí de forma definitiva ata conseguir a redacción dunha nova constituión democrática. Todo isto veu propiciado polo descontento dos cidadáns:  máis impostos,máis de cinco millóns de parados, máis inmigrantes, menos ingresos en sanidade , educación e servizos sociais entre outras moitas , que motivaron ós españois para que saíran á rúa a manifestarse. Isto foi o que sucedeu en Madrid o 25 S, que consistíu nun cumio de múltiples razas, cores, sectores… Ademáis , de diversas ideoloxías , todas elas moi distintas entre sí. A policía cargou contra estes  manifestantes que  pretendían transpasar a barreira que protexe o aceso ó  Congreso dos Diputados.
Pódese establecer unha similitude co 15 M , máis coñecido como ¨movemento dos indigandos¨ que consistíu nunha serie de protestas pacíficas cuxos lemas eran ¨No somos marionetas en manos de políticos y banqueros[] o «Democracia real ¡YA! No somos mercancía en manos de políticos y banqueros». Ámbolos dous movementos 25 S e 15M son agrupacións cívicospacíficas  por un fin.
Realmente , esta manifestación , non vai tan desencamiñada ; xa que basándonos no feito de que existen moitísimas ideoloxías que son totalmente distintas entre sí , e  están a protestar pola mesmo descontento , xa que se cre que os políticos non están a altura das necesidades do país de carácter social , por este motivo acoden ó Congreso que é de onde emana a Constitución  . Por isto , podemos chegar a conclusión de que algo está a fallar , xa que non é problema dun senón de moitos.
Por outra banda , ningún país civilizado pode nin debe , deixarse influir por unha simple manifestación , porque senón sería como ¨un golpe de estado ¨, o cal non se pode permitir.  Calquera cambio que se precise , como o de modificar a Constitución ten que facerse por cauces legais, e non por unha simple manifestación  que interfira no proceso.
Entre as declaraciónes dos políticos sobre a protesta do 25-S  cabe destacar que   a comparativa que facía a ministra do Goberno de Madrid  do 25 S co golpe de estado do 23F . Ademáis, explicou  que a iniciativa de rodear o Congreso dos Diputados, que surxiu  nas  redes sociais, ten unhas "intenciones" que "desde luego" van en contra del Código Penal y la legislación.
Por outra banda , temos a Soraya Saez de Santamarina estanos a pedir ¨un esforzó máis¨ , pero como ben dice , Francisco Pastor Guzman , moitos españois estamos pagando as consecuencias de que outros españois ¨viviran por encima das súas posibilidades ¨, é dicir ; que pedirán préstamos para ir de vacacións, que tiveran un coche de luxo , que se aproveitaran do paro ó máximo etc..
Non menos importante foi a declaración de  Fernández Díaz que facía alusión ó  artigo  66 de la Constitución que declara que “las Cortes Generales son inviolables”. Isto lévanos a pregutarnos porque o seu Gobierno non defende co mesmo empeño algúns dereitos da Constitución como o dereito á liberdade de expresión, educación, protección social, protección da saúde, acceso á cultura, vivienda digna e o  artigo  21: “Se reconoce el derecho de reunión pacífica y sin armas¨.
Por iso , tampouco todo é culpa dos políticos. si que estou dacordo, que a culpa é deles   Cando  acceden ó poder cun programa e logo faise todo o contrario. Ademais de ter que esperar catro anos para poder cambiar a quen os está representado, ese é un grave problema. Cando se perxudica gravemente a  maior parte dos cidadáns en beneficio duns poucos. Cando os desastres económicos e políticos quedan á marxe e cando se destrúen os servizos públicos por intereses personais.
A información chegou a través de todos os medios de comunicación ,xa que foi un feito relevante. Concretamente  , por onde recibín a información foi por ¨Europa Press¨, baixo o título ¨La Delegación del Gobierno autoriza las maifestaciones del 25S que ¨rodean ¨el Congreso ¨, que foi publicada o 22 de setembro. Ó non ser desmentida polo goberno , xerou a percepción por parte dos españois de que as convocatorias estaban autorizadas e que dita autorización permitía chegar ata os límites fixados polas barreiras que foran colocadas a unha distancia considerable do Congreso dos Diputados, e que impedían acercarse a el.
Para concluír, podemos decir que dunha maneira física e consensuada , o noso país necesita revisar as canles de participación pública e de rendición de contas dende os políticos hacia os cidadáns. É dicir , que se un político se presenta cun plan de eleccións e non o cumple, temos que esperar catro anos para podelo cambiar. Isto , non deberá ser así , deberán existir referéndums como en Suiza. En España , sí que existen pero non son vinculantes.
Tamén hai que ter en conta que os movementos nas nosas xeracións son moi diferentes ó concepto de ¨movementos¨que se podía ter en xeracións pasadas. Nós  fomos educados nun ambiente con moi pouco  aguante pacífico , polo que distanciamonos da realidade. Dende o meu punto de vista , deberíamos ser máis cidadáns. []


No hay comentarios:

Publicar un comentario