domingo, 21 de octubre de 2012

Investigación sobre documentación informativa






A DOCUMENTACIÓN INFORMATIVA



Antes de falar da documentación informativa , debemos coñecer os distintos conceptos que a conforman :



Documentación. (Del lat. documentatĭo, -ōnis).

1. f. Acción e efecto de documentar.

2. f. Documento ou conxunto de documentos, preferentemente de carácter oficial, que serven para a identificación persoal ou para documentar ou acreditar algo.



Documentar.(Del lat. documentāre).

1. tr. Probar, xustificar a verdade de algo con documentos.

2. tr. Instruir o informar a alguen acerca das noticias e proebas que atañen a un asunto.

A documentación é o proceso de reunir documentos sobre temas determinados. O tratamento continuado e sistemático destes documentos e da información conteñen , para a súa difusión precisa , exhaustiva e inmediata mediante técnicas documentales de selección , identificación , análisis , almacenamento , búsqueda e difusión; é dicir , as que forman a chamada Cadea ou sistema documental.

A través da documentación informativa podemos chegar ós coñecementos necesarios para acceder á documentación tanto impresa , como sonora e mesmo , audiovisual. Ademáis , permítenos dalguna maneira , localizar na rede abundante información que pode chegar a ser moi útil e distinguir as diferentes tipoloxías de documentación informativa.

Coa documentación non so se pretende instruír ou informar , senón que tamén facilitar a tarea dos demáis ou dosificar o esforzo , ou ámbas á vez. Pódese dicir que é un esforzó de aproximar o observador á realidade das cousas , de proporcionarle diferentes puntos de vista e de ofrecerle un sistema de cooperación científica.

Outra definición que podemos dar de Documentación informativa é “aquella parte de la Documentación que tiene por objeto el estudio del proceso de transmisión de fuentes para la obtención de nuevos conocimientos en la investigación de la comunicación social, y en el trabajo en el seno de la empresa informativa¨ que é como a definía o catedrático J.L López Yepes no 1981.

Todos somos conscientes que na actualidade , e fruto das rápidas transformacións sociales e do progreso tecnolóxico das sociedades avanzadas , encontramonos inmersos no coñecido como ¨era da información ¨, con cambios significativos con respecto ós clásicos medios de comunicación. Temos demasiada información, hai que saber seleccionala e discernir entre millóns de documentos cales son as útiles e cales non , cales son válidos ou gozan de falta de credibilidade…

Para iso , a Documentación informativa convértese nunha materia básica para os futuros comunicadores , unha ferramenta necesaria para a súa formación , e para a súa profesión .

Ó falar de documentación , cabe situala nun breve contexto histórico para ver a súa cronoloxía e algo sobre os seus fundadores. Foi no 1895 cando os belgas Paul Otlet y Henri La Fontaine lograron cos seus traballos que a “Documentación” tuvese o estatuto de disciplina científica autónoma. A obsesión de ámbos era a organización lóxica e racional das ideas e dos principios científicos , é dicir ; das clasificacións e da orde. Para isto , levaron a cabo traballos de síntesis e de clasificación cos seus propios papeis , aplicando novos sistemas. Para así , conseguir unha organización lóxica e racional de todos os materiales , documentos e información ó seu alcance.

O termo para designar a recollida , tratamento, archivo, búsqueda e difusión de documentos apareceu no 1905 .

Coa chegada da II Guerra Mundial xerouse unha gran necesidade de información e documentación. O que supuxo que a partir de los años 60 se definiría como: colección, documentación, clasificación, selección, diseminación e utilización da información.

Para remantar este percorrido histórico, debemos falar dos cambios producidos polo uso da informática, das telecomunicacións e de todos os avances tecnolóxicos, aplicados ó ámbito da Documentación , que xeraron novos conceptos e termos. Na década dos 70, debido ó crecemento da tecnoloxía aplicada, ós ordenadores dos 60 entre outros , permítese o acceso público ás bases de datos( TELENET). Na década dos 80 , xa empezan a proliferar os ordenadores personais , é dicir; a informática masifícase e aparecen os discos ópticos , CD-ROM, que se desenvolven nos 90 , xunto coa multimedia e a grandes redes mundiales de comunicación .

Tras este inciso contextualizador, continuamos a falar da documentación e das súas finalidades entre as que podemos encontrar dúas : a recuperación da información buscada e a difusión desta información ós usuarios que estean interesados nela . As técnicas documentales pretenden organizar o caos e o desorden documental . O enorme volumen de información a miúdo bloquea as tarefas do investigador , e polo tanto , é necesario que haxa actuacións que traten e organicen a información . A localización e difusión desta información , é o obxectivo último da documentación . O investigado ten que coñecer o seu propio campo de investigación , e os principios básicos de documentación . Por iso , podemos afirmar que :

A documentación é un dos obxectos da información , é a información da información , cuxa finalidade é dar noticia dos documentos que conteñen noticias , opinións e ideas. A base da Documentación son os documentos e os datos e información que conteñen , a documentación que non sea Información constitúe unha contradición de conceptos.

Os documentaristas deben coñecer a Documentación e a aplicación de técnicas documentales. Polo tanto , non son sólo os estudiosos , científicos e intelectuales , senón tamén os profesionais da información ( periodistas, publicitarios…) teñen que saber a que tipo de documentos teñen acceso , cómo poden usar a documentación e que tipo de axuda poden recibir dos profesionais da documentación .

Unha boa documentación é a base imprescindible para que a tarea informativa , levada a cabo polos profesionais da información , poida levarse a cabo da mellor maneira posible.

Os medios de comunicación de masas son instrumentos básicos de difusión . A súa misión é informar de forma veraz e obxectiva a un público variado e amplio. Permiten situar e analizar no seu contexto os feitos recentes da historia actual e concretamente do siglo XX, porque a prensa , radio e tv recollen , comentan e analizan os distintos aspectos da vida dende distintos puntos de vista.

Os medios de comunicación son fontes de información e interesanse por tods as actividades humanas e tratan todos os dominios do saber. Deben conseguir información de actualidade para que os profesionais da información ( periodistas) as fagan chegar os seus lectores. O periodista que é o principal usuario dos servicios de documentación dos medios de comunicación , necesita información para responder a algunhas preguntas ou para coñecer diversos temas en profundidade. Para un profesional da información , o uso da documetación , dos dosieres, dos archivos de prensa , é incuestionable . Hai que ter en conta que unha boa documentación é a base imprescindible para que a tarea informativa adquira un bo nivel . Polo tanto , é importante e conveniente expoñer as necesidades e a problemática da comunicación periodística .

Existen tres función ou finalidades principais dos servicios de documentación dos medios de comunicación que son o de proporcionar fontes concretas para poder comprobar rápidamente un feito ou un dato ; ter materiais suficientes para situar os distintos temas no seu contexto ; actuar como fontes de inspiración , xa sexan para novas ideas ou novos enfoques sobre temas xa coñecidos. Estas función responden ou axustanse as peticións concretas dos usuarios principais destes servicios , os xornalistas,que son fundamentalmente datos concretos sobre un tema , ou para a súa verificación .Tamén pode ser a visión xeral dun tema , información complemnraria para ampliar ou crear temas.

Os seus obxectivos primordiais dos servizos de documentación dos medios de comunicación son : asegurar a memoria dos acontecementos, transmitir coñecementos; comprobar e verificar a información; prospectiva( os servicios da documentación dos medios teñen que cumplir a función de recopilación e almacenamento de toda a información dispersa generada polo propio medio) .A continuación , dispoñome a falar das características específicas nos distintos medios de comunicación.empezamos pola prensa cuxas características coinciden coas de carácter xeral . Isto é debido a que todos os medios de comunicación de masas nútrense básicamente da propia prensa. Todos os servizos de documentación xornalística teñen a necesidade de disponer de información xornalística fiable, actualizada e de rápido acceso. Isto proporciónao a prensa.

Mención aparte merecen as axencias de prensa , posto que desempeñan unha función de alerta e de cobertura xeneralizada , informando prácticamente de forma inmediata , a partir de redes internacionales de corresponsables e dos seus despachos, que serven o xornalista como breves para despois construir a noticia e información.

As axencias de prensa son importantes axencias de información , porque debido á brevidade das súas noticias e a súa amplia cobertura , a súa información, organízase en base de datos podendo accederse a ela rápidamente. Forman a base principal de información dos periodistas e por eso son chamadas : os diarios dos diarios.

A documentación no ámbito da radio e da televisión cumplen os mesmos obxectivos e as mesmas función que os dos medios escritos : constituír o propio archivo , asegurar a conversación e o tratamento documental da produción do medio e proporcionar a información documental necesaria , sexa cal sexa o soporte para enriquecer o producto documental.

Conservar e tratar a propia produción implica constituir un archivo osnoro para a radio ( fonoteca) e un archivo de imáxes para a televisión ( videoteca e filmoteca) que asegure a conversación das emisións e a súa recuperación para volvelas emitir, para utilizar fragmentos en novas producións ou para consultarse como fontes de información , con unha boa xestión documental , adecuada a este tipo de documentos.

No tocante ós gabinetes de comunicación podemos dicir que son os que proporcionan información ós medios de comunicación convencionales e , polo tanto , funcionan como axencias de prensa ou de información . Por iso é imprescindible que posean tamén un bon servizo de documentación , ligado totalmente ás súas necesidades , para que os periodistas que traballen nestes gabinetes poidan levar a cabo o seu traballo da mellor forma posible e porque ó xerar tamèn fontes de información , éstas poidan chegar a ser utilizadas por outros usuarios interesados.

En termos xerais , os servicios de documentación dos medios de comunicación de masas, van disponer dos elementos necesarios para poder satisfacer as necesidades dos usuarios( periodistas do propio medio). Tamén teñen que ter en conta as necesidades do resto dos usuarios que se analizaron o falar das características específicas da documentación informativa. Os periodistas son os encargados de proporcionar a información ó lector , teñen que recoller información e transmitila da forma máis obxectiva posible e ésta debe ser fiable, son receptores e difusores de información . O periodista non solo filtra , elixe e valora senón que documenta ese feito de interés xeral , pero que elimina a posible opacidade do acontecemento e a solventar os vacios da noticia.

Polo tanto , os periodistas necesitan facer un bo uso do servicios de documentación para consultar datos que lles permitan elaborar correctamente a información , xa sexa noticia , reportaxe..

Tendo en conta todo o dito , os servicios de documentación xornalistica deben cumprir tres premisas principales : rapidez, credibilidade , eficacia .



CADENA DE TRATAMENTO DA INFORMACIÓN DENDE O PUNTO DE VISTA DO PERIODISTA E DO DOCUMENTARISTA :



DOCUMENTALISTA                PERIODISTA

Para finalizar esta investigación sobre a documentación , non podemos deixar de lado o ciberxornalismo e a súa influencia na documentación , xa que os servicios de comunicación intentando imitar o modelo que seguiron os medios de comunicación ante a chegada de Internet que os levou a estar na a rede para non quedar fora do ¨mundo civilizado ¨. Os servicios de documentación están actualmente descubrindo infinidade de modos e formas da web2.0., no sabemos o porqué,o que sí que sabemos é que non se poden quedar atrás. .Son numerosos os medios que descubriron cómo a moitos dos seus usuarios lles chega información a través das distintas redes sociales.A Documentación tamén está emprgeando os instrumentos da web social para acercar e facer visibles os seus contidos a públicos, en xeral, poco refractarios ás mensaxes documentais.

Resulta importante que os medios salgan ó encontro dos usuarios, movéndose polos entornos onde están éstes , ben sexan as redes sociais ou os móviles. A rutina de compartir, de valorar, de crear, que siguen os usuarios nestos ecosistemas 2.0 teñen que incorporarse de forma natural.A mayoría das veces o documentalista é o artífice de productos informativo-documentales, das cales é o autor. Ademais do seu fundamento documental e as súas destrezas tecnolóxicas, o documentalista dixital tamén mostra un perfil periodístico reflexado na elaboración deste tipo de pezas que lle dan un novo valor á información á cal acompañan cando se trata de enquisas e noticias de última hora.A firma de estas aportacións permítenos asociar un selo ou unha marca de identidade , que engade calidade as documentacións. Así , a firma confire un valor de ¨confianza¨. As pezas biográficas, xeográficas ou temáticas teñen un gran valor sempre que estean actualizadas , polo tanto , a revisión da actualización das imáxes e da vixencia dos datos é unha tarea documental clásica que se reactiva no periodismo dixital, por tanto está suxeito a uns tempos caracterizados pola inmediatez.

martes, 9 de octubre de 2012

World Wide Web ( WWW)


A web  é un sistema de hipertexto que utiliza internet como o seu mecanismo de transporte ou como unha forma gráfica de explorar internet. É dicir ; é un medio de comunicación de textos , gráficos e outros objectos multimedia  a través de internet. Entre as súas características  máis salientables podemos destacar que utiliza documentos de hipertexto , que foi inventado por Theodor Home Nelson no 1965 e que o definía como unha escritura non secuencial para referirse a un corpo de material escrito ou gráfico interconectado dun xeito complexo que non se pode representar convenientemente sobre o pape pode conter anotacións , adiccións e notas dos estudios que o examinan ¨ Non é un programa , senón que é un fragmento dun texto dentro dun documento pode estar enlazado con outros fragmentos de texto , dentro ou fóra do mesmo documento. Outra das características sería o uso de técnicas multimedia que xunto co emprego dos hiperenlaces denomínase hipermedia( creada na Universidade de Brown por George Landow) . A interactividade que consiste en recibir e enviar a información ( correos electrónicos, formularios..) é outro punto a salientar dentro da web.
Falando da narrativa hipertextual debemos destacar os seguintes puntos:
Por unha banda, os nodos ou lexías , que son as unidades básicas de hipertexto . Pode ser unha páxina , un párrafo , unha frase… Pola outra banda , os enlaces que son interconexións entre os nodos e lexias. Pero non hai que deixar á marxe os enlaces porque é o que realmente fai que a web sexa importante. Un enlace é unha vía de acceso a outro recurso de internet,que pode estar en calquera ordenador ou noutro ordenador do mundo.
Calquera persoa ou usuario pode poñer na rede a súa páxina, xa que a web, como xa dixen , é un sistema hipertextual que nos permite pasar dunha páxina web  a outra ,porque  as páxinas web enlázanse unhas a outras dentro de cada  sitio web e levan  ó usuario  dun servidor a outro sen que sexa preciso andar buscando páxinas ou direcións. Por iso decimos que o deseño da WWW segue o modelo cliente /servidor é aquela rede de comunicaciós na que todos os clientes están conectados a un servidor, no que se centralizan os diversos recursos e aplicacións cas que se cuenta; e que os pon a disposición dos clientes cada vez que éstes son solicitados. En resumo,  todas as xestións que se realizan concentranse no servidor así nel  disponeñense os requerimentos provientes dos clientes que teñeen prioridade, os archivos que son de uso público e os que son de uso restrinxido, os archivos que son de sólo lectura y os que, por el contrario, pueden ser modificados.. Para que se leve a cabo o seu funcionamento require flexibilidad do protocolo HTTP e das capacidades da linguaxe HTML. Éstas son dúas posibles linguaxes , ainda que hoxe en día existen moitas máis como é o caso da linguaxe HTML , que permite indicacións precisas, ó programa cliente , de cómo debe presentarse o documento en pantalla ou ó imprimirse. Indica ó navegador cómo se visualizarán os documentos. El programa de navegación se denomina navegador, browser, visualizador, explorador. O  primero navegador foi Mosaic desarrollado polo  NCSA (Centro Nacional de Aplicacións de Superordenadores), e hoxe os navegadores más populares son Internet Explorer, Netscape (cuxo fundador foi Marc Andreessen e Larry Clark), Firefox, Opera, Google, Chroma…
Para concluír , decir que gracias ás páxinas web tivo lugar o auxe de internet ,a principios dos 90 . Ó que se lle sumou o desenvolvemento dos ordenadores, o perfecionamento de software e o avance das telecomunicación.

O 25 S




O 25 S , supuxo unha movilización cidadá ó redor do Congreso dos Diputados e pretendían permanecer alí de forma definitiva ata conseguir a redacción dunha nova constituión democrática. Todo isto veu propiciado polo descontento dos cidadáns:  máis impostos,máis de cinco millóns de parados, máis inmigrantes, menos ingresos en sanidade , educación e servizos sociais entre outras moitas , que motivaron ós españois para que saíran á rúa a manifestarse. Isto foi o que sucedeu en Madrid o 25 S, que consistíu nun cumio de múltiples razas, cores, sectores… Ademáis , de diversas ideoloxías , todas elas moi distintas entre sí. A policía cargou contra estes  manifestantes que  pretendían transpasar a barreira que protexe o aceso ó  Congreso dos Diputados.
Pódese establecer unha similitude co 15 M , máis coñecido como ¨movemento dos indigandos¨ que consistíu nunha serie de protestas pacíficas cuxos lemas eran ¨No somos marionetas en manos de políticos y banqueros[] o «Democracia real ¡YA! No somos mercancía en manos de políticos y banqueros». Ámbolos dous movementos 25 S e 15M son agrupacións cívicospacíficas  por un fin.
Realmente , esta manifestación , non vai tan desencamiñada ; xa que basándonos no feito de que existen moitísimas ideoloxías que son totalmente distintas entre sí , e  están a protestar pola mesmo descontento , xa que se cre que os políticos non están a altura das necesidades do país de carácter social , por este motivo acoden ó Congreso que é de onde emana a Constitución  . Por isto , podemos chegar a conclusión de que algo está a fallar , xa que non é problema dun senón de moitos.
Por outra banda , ningún país civilizado pode nin debe , deixarse influir por unha simple manifestación , porque senón sería como ¨un golpe de estado ¨, o cal non se pode permitir.  Calquera cambio que se precise , como o de modificar a Constitución ten que facerse por cauces legais, e non por unha simple manifestación  que interfira no proceso.
Entre as declaraciónes dos políticos sobre a protesta do 25-S  cabe destacar que   a comparativa que facía a ministra do Goberno de Madrid  do 25 S co golpe de estado do 23F . Ademáis, explicou  que a iniciativa de rodear o Congreso dos Diputados, que surxiu  nas  redes sociais, ten unhas "intenciones" que "desde luego" van en contra del Código Penal y la legislación.
Por outra banda , temos a Soraya Saez de Santamarina estanos a pedir ¨un esforzó máis¨ , pero como ben dice , Francisco Pastor Guzman , moitos españois estamos pagando as consecuencias de que outros españois ¨viviran por encima das súas posibilidades ¨, é dicir ; que pedirán préstamos para ir de vacacións, que tiveran un coche de luxo , que se aproveitaran do paro ó máximo etc..
Non menos importante foi a declaración de  Fernández Díaz que facía alusión ó  artigo  66 de la Constitución que declara que “las Cortes Generales son inviolables”. Isto lévanos a pregutarnos porque o seu Gobierno non defende co mesmo empeño algúns dereitos da Constitución como o dereito á liberdade de expresión, educación, protección social, protección da saúde, acceso á cultura, vivienda digna e o  artigo  21: “Se reconoce el derecho de reunión pacífica y sin armas¨.
Por iso , tampouco todo é culpa dos políticos. si que estou dacordo, que a culpa é deles   Cando  acceden ó poder cun programa e logo faise todo o contrario. Ademais de ter que esperar catro anos para poder cambiar a quen os está representado, ese é un grave problema. Cando se perxudica gravemente a  maior parte dos cidadáns en beneficio duns poucos. Cando os desastres económicos e políticos quedan á marxe e cando se destrúen os servizos públicos por intereses personais.
A información chegou a través de todos os medios de comunicación ,xa que foi un feito relevante. Concretamente  , por onde recibín a información foi por ¨Europa Press¨, baixo o título ¨La Delegación del Gobierno autoriza las maifestaciones del 25S que ¨rodean ¨el Congreso ¨, que foi publicada o 22 de setembro. Ó non ser desmentida polo goberno , xerou a percepción por parte dos españois de que as convocatorias estaban autorizadas e que dita autorización permitía chegar ata os límites fixados polas barreiras que foran colocadas a unha distancia considerable do Congreso dos Diputados, e que impedían acercarse a el.
Para concluír, podemos decir que dunha maneira física e consensuada , o noso país necesita revisar as canles de participación pública e de rendición de contas dende os políticos hacia os cidadáns. É dicir , que se un político se presenta cun plan de eleccións e non o cumple, temos que esperar catro anos para podelo cambiar. Isto , non deberá ser así , deberán existir referéndums como en Suiza. En España , sí que existen pero non son vinculantes.
Tamén hai que ter en conta que os movementos nas nosas xeracións son moi diferentes ó concepto de ¨movementos¨que se podía ter en xeracións pasadas. Nós  fomos educados nun ambiente con moi pouco  aguante pacífico , polo que distanciamonos da realidade. Dende o meu punto de vista , deberíamos ser máis cidadáns. []


martes, 2 de octubre de 2012

Esquema das eleccións

* Introdución
O moderador do debate aproximaanos nunha breve introdución o tema central do debate : as eleccións autonómicas galegas do 21 de outubro de 2012; anticipadas`por decisión do goberno autonómico , presidido por Alberto Núñez Feijoo.
* Desenvolvemento
Neste apartado , pasamos a expoñer os puntos que serán máis discutidos no debate.
1. Adianto dos comicios
a) Motivos reais /aparentes , táctica política ; interese de natureza política /económica
b) consecuencias
2. Candidatos á presidencia da Xunta de Galicia
a. PPde G ( Feijoo)
b. PSde G (Pachi Vázquez)
c. BNG ( Jorquera)
   i. disgregación  do bloque nacionalista galego , enlazado co punto seguinte.
d. alternativa Galega de Esquerda - EU +Anova+irmandade nacionalista ( Diaz / Beiras)
   i. coalición de esquerda anticapitalista galega; punto conflictivo
e. Sociedad Civil y democracia ( Mario Conde)
   i. incorpora nas suas listas , ex-cargos do pp
   i.i  encabeza a candidatura por pontevedra ( conflicto co candidato popular , Feijoo)
3. progrmas electorales
a.tratamento dos servizos sociais
b.plans de axuste
c. infraestructuras
4. o papel do presidente do goberno , Mariano Rajoy
a. apoio a candidatura de Feijoo
b. Análise das consecuencias dos resultados electorais sobre o goberno central
* conclusións

esquema feito por : Marta López Pereiro , Mariló Pérez Bernardez, María Piñeiro González e Alba Ramallal Salgado